martes, 25 de junio de 2013

Congreso: Custodia de territorio e biodiversidade

O 20 de xuño tivo lugar na Casa da Cultura de Sada o Congreso "Custodia de territorio e biodiversidade". nel presentamos os traballos e actividades realizadas neste curso dentro do proxecto Voz Natura.
Nesta entrada podedes ver as fotos d congreso, as presentacións e textos que se presentaron aos aistentes.

viernes, 14 de junio de 2013

As preguntas de Dona

Fotografía de Dona


¡Ola rapaces!
Todos acertastes o nome das aves que cazan pola noite e que figuran no álbum: o moucho e maila curuxa. Xa foi outra cousa saber en que se diferencian e por onde andan. Normal, porque para velos hai que saír pola noite a observalos, e seguramente non vos deixen na casa.
En cambio eu saio moitas veces a pasear pola noite. A Lía e a min gústanos moito, porque sempre atopamos novos rastros dos habitantes do bosque. De día non saen tanto porque téñenlle medo á xente. Pero de noite andan tódolos camiños, visitan as hortas e incluso se achegan ás casas.
Fotografía de moucho comúnE mirade que hai xente ben rara a esas horas no bosque e nas hortas. Pensade nos morcegos. Parecen ratos que sacaron o carné de aviador. Pero en realidade non son parentes dos roedores: son insectívoros e non roen comida. Para non estamparse coas pólas das árbores ou con calquera outra cousa, van sempre chiando para sentir o eco das súas voces e saber onde están as cousas. Se eu fixera igual e fora ladrando todo o camiño para non tropezar, íame quedar sen paseos nocturnos inmediatamente. Vos non ouvides os chíos dos morcegos, pero eu teño moi bo ouvido e os teño que escoitar todo o tempo cando andan a cazar insectos.
E logo están as avenoiteiras. Para ser paxaros, son ben raros. Tamén son nocturnas, pero non son nin mouchos nin curuxas. Igual que os morcegos, cazan insectos voando moi silenciosamente. Para atrapalos teñen unha boca ben grande e con plumiñas como barbas nas comisuras. E cando cantan… Era mellor que calaran, porque parecen ras co disco raiado. Nesta época do ano teño que aguantalas tódalas noites. E de día teño que andar con coidado para non pisar unha, porque aniñan no solo. ¡A quen se lle ocorre! ¡É que non se decatan de que se unha vai despistada pode non velas de tan ben que se camuflan!
Fotografía de curuxa comúnTamén pola noite saen de paseo os ourizos cachos. E non digades que non son raros: teñen todo o corpo cheo de espiñas. Nin que llas roubaran a un peixe para adornarse. Os pobriños están pasándoo mal estes días. Se vos fixades nas estradas, hai un lote deles atropelados. Cando teñen medo fanse unha bola para defenderse coas espiñas. Funciona cos raposos, pero iso non lles vale de nada cos coches.
E logo están os mouchos e as curuxas, xente seria e calada, que pensa as cousas antes de falar. Por iso teñen fama de sabios. Mouchos hai moitos, pero antes de explicarvos as súas diferenzas vou contarvos unha historia que Lía contoume a mín.
Foi hai moitísimos anos, cando aínda non nacera ela. O seu amigo Fusco saía tódalas noites de inverno a correr polos montes. Un día, unha avelaionaestaba pousaba na beira do camiño. Lanzaba o seu uu, uu, u-u-u-u de cando en vez, e ó lonxe respondíanlle outras avelaionas. Non é para asustar á xente: así é como saben onde vive cada unha e non se meten no territorio da outra. Fusco era valente, pero cando pasou baixo a súa árbore, a avelaiona botou a voar sobre el silandeiramente. Foron á par un do outro un bo cacho. A avelaiona voando a un par de metros por riba del. Fusco pensou en botar a correr a todo meter, pero non o fixo para demostrar que non era un covarde. A avelaiona pasouno e pousouse noutra póla. ¿Qué pretendía facer? ¿Tería tanta fame que querería comelo? ¿Ou tiña as crías preto e quería botalo de alí? De novo, cando Fusco chegou a súa altura, a avelaiona votou a voar por riba del. E aínda unha terceira vez.
A avelaiona viu que Fusco andaba ó seu, e tampouco se atreveu a atacalo. Deixouno ir sen que pasara nada. Pero é un dos mouchos máis feros que habitan na nosa bisbarra. Nunha ocasión un fotógrafo inglés moi famoso, que se chamaba Eric Hosking, quixo fotografar unha no seu niño. Aquela avelaiona enfadouse tanto que case lle saca un ollo coas súas poutas. Daquela Flemming aínda non descubrira os antibióticos, así que o médico que o atendeu tiña medo que se lle infectase a ferida do ollo e recomendoulle amputalo. Hosking pensou que se o seu fotógrafo favorito soamente tiña un ollo, el tamén podería ser un fotógrafo dun so ollo. Hoxe tódolos fotógrafos que queren sacarlle un retrato a unha avelaiona van con casco. Por algo será.
Hai mouchos moito máis grandes que a avelaiona. O bufo real é o máis grande de entre os que viven en Galicia, pero non os hai na nosa bisbarra. É alto coma min e para medrar tanto non lle chega con comer ratiños: incluso caza coellos.
Fotografía de moucho comúnO noso moucho é o moucho común. É dos máis pequenos. Moitos viven preto das casas, e andan a comer ratiños e insectos nas fincas. Como é tan pequeno, calquera oco nun tellado vello, nunha igrexa ou nun hórreo, válelle para facer o niño. Se tedes un preto da casa é moi fácil de observalo, pois moitas veces déixase ver no solpor. Pero hai que andar atentos, pois están tan quietos que talmente parecen unha pedra no tellado.
As curuxas son máis fáciles de sentir que de ver. O seu canto non se parece para nada ó dos mouchos. Fan un shshshshsh que fai arrepiar a calquera. Igual que as avenoiteiras, nunca han gañar un concurso de canto. Se ides un día no coche de noite e se vos cruza unha curuxa, é moi fácil recoñecela. É a única ave nocturna de peito branco e as costas color area. Tamén fai niños preto das casas, pero como é moito máis grande que o moucho común, ten que ter máis sitio. Por iso usa os faiados de casas, palleiras e edificios abandonados. Hai unha preto da miña casa que de cando en vez ven comer a súa presa xunta a miña caseta.
Comen todo tipo de ratiños, musarañas e outros mamíferos pequenos. Caza moito de ouvido: pousa nun poste, ponse a escoitar, e como se poña un ratiño a roer, alá se lanza ela. Logo, cando chega a hora de comelo, ten un problema. Non é capaz de separar os osos da carne porque, sendo de noite, non logra distinguilos. Así que traga enteiro o bicho que cazou, con todo o seu pelo e osos. Despois, de cando en vez, ten que vomitar unhas pelotas negras con todo o que non foi capaz de dixerir. Os científicos chámanlle a estas pelotas “egagrópilas”. ¡Coma sempre, un nome fácil! Se un día atopades unha morea delas nalgún sitio saberedes que alí vive unha curuxa. E mirando o que teñen dentro saberedes o que comen as curuxas.
Todos estes animais nocturnos dos que vos falei comen moitos animaliños que causan mal nas colleitas. Por iso están todos protexidos. E aínda que sexan raros e non traten coa xente, debemos respectalos e non terlles medo.
Se algún día saídes de paseo nocturno cos vosos pais, andade cos ollos ben abertos a ver se vedes algún destes habitantes da noite.
¡Até a próxima!
Imaxe da pegada de Dona

martes, 4 de junio de 2013

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente


Imagen de un árbol. Día Mundial del Medio AmbienteEl Día Mundial del Medio Ambiente es uno de los principales vehículos que las Naciones Unidas utilizan para fomentar la sensibilización mundial sobre el medio ambiente y promover la atención y acción política al respecto.
Los objetivos son darle una cara humana a los temas ambientales, motivar que las personas se conviertan en agentes activos del desarrollo sostenible y equitativo, promover el papel fundamental de las comunidades en el cambio de actitud hacia temas ambientales, y fomentar la cooperación, la cual garantizará que todas las naciones y personas disfruten de un futuro más prospero y seguro.
Fuente: Naciones Unidas
"Si supiera que el mundo se ha de acabar mañana, aun así plantaría un árbol".
Martin Luther King, Jr.
Destacamos de manera especial el emocionante documental "Marea blanca" de la cineasta Isabel Coixet, sobre los voluntarios que ayudaron a limpiar el chapapote de la catástrofe del Prestige.
Desde el INTEF recogemos algunos de los recursos y páginas de interés para desarrollar el tema en las aulas.
RECURSOS EDUCATIVOS EN EL PORTAL DEL INTEF
PÁGINAS DE INTERÉS

domingo, 2 de junio de 2013

Festa Voz Natura

O sábado 1 de xuño celebrouse en Acea de Ama a festa Voz Natura. Foi un rebumbio de xente, unha morea de traballos dos coles que participamos neste proxecto e moita festa.
Neste enlace podedes ver o álbum de fotos que publicou o xornal La Voz de Galicia.
E aquí vai unha presentación dos nosos traballos e de fotos que sacamos na festa:


martes, 28 de mayo de 2013

As Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo, reserva da biosfera

A Unesco designou hoxe como nova reserva da biosfera as Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A zona cubre arredor de 116.000 hectáreas, alberga unha poboación de cerca de 190.000 habitantes e engloba as concas de dous grandes ríos, o Mero e o Mandeo, con ecosistemas costeiros e de montaña que teñen unha gran diversidade biolóxica. Comprende os concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada e Sobrado dos Monxes.

miércoles, 22 de mayo de 2013

Entrevista na TVG

Hoxe pola tarde desprazámonos a Chelo para realizar unha entrevista para a Televisión de Galicia. Contamos o que fixemos no noso proxecto "Custodia do territorio e biodiversidade". Estabamos moi nervosos pero saiu todo moi ben. Podedes ver a entrevista e máis as fotos.

Álbum de cromos completo

Seguro que xa tes o álbum de cromos completo. Se che falta algún vai pola biblioteca para rematalo.