A mimosa (Acacia dealbata) é unha preciosa árbore australiana que chegou á nosa terra coma árbore decorativa. Ten unhas follas compostas moi delicadas e cando florece se enche totalmente de pequenas flores amarelas.
Por tratarse dunha especie exótica invasora, ofrece a oportunidade de introducir este problema. Dentro das principais causas de perda de biodiversidade en todo o planeta, as especies exóticas invasoras supoñen a segunda en importancia, trala destrución directa dos hábitats. Por ese motivo, soamente deben cultivarse en xardíns urbanos onde non hai posibilidades de que se espallen. Aquelas que están no monte, deberían ser eliminadas, tal como establece a lexislación vixente.
Na web de Fragas do Mandeo hai un apartado dedicado exclusivamente a este tema, ó que se pode acceder escollendo no menú da sección Hábitats o apartado “As especies invasoras”. Pode tamén descargarse a ficha da mimosado Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, ficha da mimosa do Atlas de las Plantas Alóctonas Invasoras de España ou a ficha da mimosa (en inglés)do programa DAISIE da Unión Europea, dedicado ás invasión biolóxicas, que a clasifica dentro das cen peores especies.
A continuación vai un mapa de localización de mimosas na nosa bisbarra que se deberían de eliminar para evitar que se propaguen.
Ver Especies invasoras: as mimosas. en un mapa más grande
miércoles, 6 de febrero de 2013
lunes, 4 de febrero de 2013
En febreiro: brañas, lagoas e encoros.
Durante o mes de febreiro, no recuncho de Voz Natura da biblioteca, atoparedes o panel do hábitat das brañas, lagoas e encoros. Cada vez que leves un libro da biblioteca para ler, daranche de regalo un dos seis cromos deste hábitat. Ánimo para coleccionalos todos!
viernes, 1 de febrero de 2013
Día Mundial dos Humedais
O 2 de febreiro celébrase o Día Mundial dos Humedais, onde se recorda a data na que se creou a Convención Ramsar (1971), un tratado intergobernamental que serve de marco para as accións en favor da conservación e do uso racional estos ecosistemas mediante actuacións locais, rexionais e nacionais, como contribución ao logro dun desenvolvemento sostible en todo o mundo.
En conmemoración a esta data tan relevante, o CEIDA a través do seu Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga, pon a disposición a Guía de Recursos sobre Humedais, unha recompilación de materiais bibliográficos sobre esta temática dirixida a todos os centros educativos galegos, institucións ou persoas interesadas en traballar sobre este tema.
A maior parte dos recursos están dispoñibles a través da Rede para a súa descarga a texto completo, e outros poden ser consultados a través do servizo de préstamo que o centro ofrece, totalmente gratuito.
Pódese descargar a Guía de Recursos desde a seguinte ligazón:
http://www.ceida.org/files/publicacions/guiarecursoshumedais2013.pdfviernes, 25 de enero de 2013
Nova pregunta de Dona
Esta pregunta podes atopala neste enlace: http://www.fragasdomandeo.org/voz-natura/

¡Ola rapaces!
Ademais, para que Maki se parecera de todo a un gato montés tiña que ser moito mais corpulenta. Aínda que ten a cola con aneis e a punta negra como un gato montés, para ser igual que a deles tería que ser máis gorda e peluda. E tamén lle falta a raia negra ó longo de todo o lombo. Aparte de que, se nos fixamos ben, Maki ten algunhas manchas amarelas que non son propias dun verdadeiro gato montés.
Non sei vós, pero eu levo uns días aburrida de que non pare de chover. ¡Xa teño gañas de volver a correr polo monte! A Maki non lle importa: pasa todo o día durmindo. Sóbese a un sillón preto do radiador e, ¡ale!, a durmir até a hora de comer. E, ¡ollo!, que ninguén a moleste.
¡Ola rapaces!
Recibín un lote de respostas acertadas. ¡Seica estades moi ben informados! Aínda que a Maki non lle guste dicilo, porque é moi orgullosa, realmente é unha gata doméstica abandonada no monte co seu irmán, cando eran pequeniños.
Os verdadeiros gatos monteses son moi difíciles de atopar. Cando notan que se achega alguén, foxen silandeiros sen que ninguén se decate. E as nais coidan moi ben dos seus fillos, escondéndoos onde ninguén os atope. Podedes ver algunhas fotos neste enlace.
Así que, por moi chuliña que se poña, Maki Rabuda non é máis cunha gata doméstica. Xa me gustaría a min vela cando se cruzase cun auténtico gato montés. ¡Co medo que ía coller, ía vir correndo a xunta min para que a defendese!
Mentres non mellora o tempo, para non aburrirnos vou poñervos unha nova pregunta da que teredes que investigar a resposta. Moita xente cre que hai que esperar á primavera para ver flores, pero non é certo. De feito, neste tempo xa hai varias árbores en flor. Moitas delas pasan desapercibidas, porque teñen flores pouco vistosas, como a abeleira. Pero hai unha que destaca entre todas polas súa floración espectacular.
Así que a pregunta de hoxe é: ¿Cal é a árbore de flores amarelas que xa está en flor? Dareivos un par de pistas: ven no álbum e trátase dunha especie exótica invasora.
Até a próxima.
lunes, 14 de enero de 2013
As preguntas de Dona
Esta pregunta podes atopala neste enlace: http://www.fragasdomandeo.org/voz-natura/
¡Ola a todo o mundo!
O meu pai é un boieiro de Berna grandísimo e a miña nai unha pastora alemá moi espelida. Xa que logo, o meu pai é un pastor de vacas e a miña nai unha pastora de ovellas. Pero a min o que me gusta é correr polo monte e abúrreme moito andar a mirar polas vacas e as ovellas: ¡En todo o día non fan outra cousa que comer! Por iso eu escollín a profesión de can gardabosques.
Hoxe vou presentarvos á miña amiga Maki Rabuda. Coñecina hai pouco máis dun ano. Eu ía con Lía polo monte cando a atopei nunha cuneta toda engruñada. Estaba cun seu irmá, branco e de ollos azuis, pero escapou cando nos veu. Maki non tiña medo de nós: o que tiña era que estaba tan morta de fame que nin forzas lle quedaban para escapar. Así que puxémonos a falar con ela e lle dixemos se quería vir a vivir á nosa casa, porque con tanto raposo no monte, alí non estaba segura.
Ó principio non xogaba con nós, estrañaba a súa familia e non coñecía a casa. Tampouco se librou de ter que ir ó veterinario. Pero agora, como é a máis pequeniña da casa, fai o que quere. Porque Maki é unha gata moi travesa. Igual estou durmindo e ven ás agachadas a trabarme no rabo e logo escapar correndo. Ou vou tan tranquila e na volta dunha esquina aparece de súpeto e se lanza coas súas poutas por diante a trabarme no fociño. Pero eu tamén lle boto unhas boas carreiras: en campo aberto non me gaña e ten que subirse a unha árbore coma se fora un esquío. Pero somos boas amigas e sempre ando con tino de non mancala.
Xa vexo que sabedes navegar por Internet e atopa-lo que vos interesa. Efectivamente, acertastes coa resposta: Son a mascota de Fragas do Mandeo porque nacín pretiño do río Mandeo, en Muniferral, no concello de Aranga. E nacín xusto a véspera de que se creara Fragas do Mandeo.
A pregunta de hoxe é a seguinte. Se Maki vivía no monte, ¿por qué non é ungato montés?
viernes, 11 de enero de 2013
A importancia das miñocas
Os nenos e nenas de 2º curso de primaria ralizaron unha interesante experiencia sobre a importancia das miñocas. Podédela ver nestes tres vídeos:
![]() |
| Nº1 A importancia das miñocas. |
![]() |
| Nº2 A importancia das miñocas |
![]() |
| Nº3 A importancia das miñocas. |
lunes, 7 de enero de 2013
En xaneiro: Os ríos e o bosque de ribeira.
Durante o mes de xaneiro, no recuncho de Voz Natura da biblioteca, atoparedes o panel do hábitat dos ríos e o bosque de ribeira. Cada vez que leves un libro da biblioteca para ler, daranche de regalo un dos seis cromos deste hábitat. Seguro que os coleccionades todos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


