domingo, 23 de diciembre de 2012
Xoguetes con materiais reciclados
Polo Nadal fixemos unha exposición de xoguetes feitos con materiais reciclados.
viernes, 21 de diciembre de 2012
lunes, 17 de diciembre de 2012
En decembro: a costa, a praia e as marismas
Durante o mes de decembro, no recuncho de Voz Natura da biblioteca, atoparedes o panel do hábitat da costa, a praia e as marismas. Cada vez que leves un libro da biblioteca para ler, daranche de regalo un dos seis cromos deste hábitat. Seguro que os coleccionades todos!
jueves, 13 de diciembre de 2012
Fragas do Mandeo en Sada y sus Contornos
Fernando Bandín, presidente da Fundación Fragas do Mandeo e Carlos Silvar, integrante
da Xunta Directiva da Fundación, visitaron o noso colexio o xoves 13 de
decembro. Entre os dous diseñaron o álbum “Custodiamos a biodiversidade da
natureza de As Mariñas" e os cromos que coleccionamos.
Coñeceron o noso colexio, visitaron o rincón de Voz natura
na biblioteca e responderon a moitas preguntas que lles fixemos os nenos e
nenas do segundo e terceiro ciclos de primaria. Contámoslles a nosa visita a Cecebre, falamos dos caranguexos americanos e as especies invasoras, dos sacos de lixo que sacamos do encoro e de como debiamos conservar a Natureza. Preguntámoslles cales foron os animais máis
curiosos que observaron, cal foi o animal máis rápido que viron, como deseñaron
o álbum e os cromos, en que consiste a custodia do territorio, cantas fincas
ten a Fundación Fragas do Mandeo, por que teñen nomes en latín as plantas e os
animais, interesámonos por Dona a mascota da Fundación,…
Fernando e Carlos despedíronse, démoslles as grazas pola súa
visita, e prometeron en volver ao noso centro para participar nas actividades
do proxecto Voz Natura.
martes, 11 de diciembre de 2012
Dona, a mascota de Fragas do Mandeo
A que non sabedes por que Dona é a mascota de Fragas do Mandeo?
Buscade a resposta na web de Fragas do Mandeo.
Unha pista: Buscade a data e lugar de nacemento de Dona.
Se atopades a resposta mandádea ao correo electrónico da Fundación correo@fragasdomandeo.org
Unha pista: Buscade a data e lugar de nacemento de Dona.
Se atopades a resposta mandádea ao correo electrónico da Fundación correo@fragasdomandeo.org
martes, 27 de noviembre de 2012
Reparto do álbum e dos cromos
O álbum de cromos "Custodiamos a biodiversidade da natureza de As Mariñas", deseñado pola Fundación Fragas do Mandeo coa colaboración do ilustrador Carlos Silvar, repatiuse a todas nenas e nenos do centro.
Os cromos iranse entregando na biblioteca cada vez que se retire un libro de lectura.
O reparto do álbum foi todo un éxito. A afluencia de lectores incrementouse notablemente.
Tamén se instalou o rincón Voz Natura onde se poden ver as páxinas do álbum das que se están a distribuír os cromos. Cada mes repartiranse os cromos dun dos cinco hábitats que compoñen esta publicación. Neste rincón tamén poderedes atopar guías da natureza e diversas publicación e información ambiental.
Animamos a alumnos e profesores do CEIP Sada y sus Contornos a coleccionar os 30 cromos.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
