Dentro do programa Voz Natura, patrocinado
pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, os alumnos do segundo ciclo de
educación primaria visitamos Cecebre.
Chegamos a aula da Natureza de Crendes
(Abegondo) e alí Carmen Iglesias explicounos a historia do encoro de Cecebre e
as características dun hábitat de lagoa. Soubemos que é un espazo protexido que
forma parte da Rede Natura 2000 cun alto valor ecolóxico. Nel podemos atopar
numerosas aves.
Informounos das especies que viven todo ano
neste lugar e das que visitan este espazo e que veñen desde moi lonxe. Tamén puidemos
saber do perigo que supoñen as especies invasoras e as actuacións que debemos
facer para protexer o medio.
Con esta visita démonos conta de que debemos ser máis coidadosos co medio e non tirar lixo en calquera lugar e moito menos nun encoro do que bebemos a auga todos os días.
Noticia publicada na Voz de Galicia.
Con esta visita démonos conta de que debemos ser máis coidadosos co medio e non tirar lixo en calquera lugar e moito menos nun encoro do que bebemos a auga todos os días.
Noticia publicada na Voz de Galicia.
Ver O encoro de Cecebre en un mapa más grande
Enhorabuena por recoger tanta basura... Felicidades.
ResponderEliminarUxía 6º
Bonitas fotos, lo habreis pasado genial, un saludo. IRIA 6º
ResponderEliminar