domingo, 31 de marzo de 2013

Rincón Voz Natura: en abril o mosaico rural

Neste mes poderedes coleccionar os cromos correspondente ao último hábitat do álbum: o mosaico rural.
Cada vez que leves un libro poderás elixir un cromo deste hábitat. Animádevos a coleccionalos todos.
Se queres ver os seis cromos do mosaico rural pica na imaxe.

lunes, 18 de marzo de 2013

Voz Natura: visitamos o CEIDA


Hoxe fomos visitar o CEIDA en Santa Cruz (Oleiros). Atópase nun castelo que está nunha pequena illa. No xardín do castelo Rebeca explicounos a diferencia entre especias autóctonas, exóticas e invasoras e o perigo que poden supoñer estas últimas.
Tamén demos un paseo pola illa, vimos a herba de namorar, cun telescopio vimos os cormoranes e... empezou a chover e tivemos que volver ao castelo.
Dentro vimos a exposición "As paisaxes da auga". Rebeca contounos a importancia dos espazos protexidos e o proxecto de crear unha reserva da biosfera na bisbarra das Mariñas.
Despois de comer a merenda, despedímonos e fomos recoller lixo á praia de Santa Cruz. Canto lixo había!. Apañamos o que poidemos ata que tivemos que marchar para o autobús e de volta para o colexio.
Se queres ver as imaxes pica na foto.


sábado, 16 de marzo de 2013

Voz Natura: actuación en Chelo

O venres 15 de marzo estivemos en Chelo. Despois dun tempo de choiva e frío veu un día que nos anticipa a primavera e que nos permitiu disfrutar dunha fermosa paraxe. Tivemos unha unha agradable sorpresa cando nos baixamos do autobús, Luis Otero estaba esperándonos e acompañounos nesta excursión. Soubemos canto lle gusta a Natuerza e como se acorda de nós, e tamén lle dixemos canto nos acordamos del.
Visitamos a aula da Natureza da man de Xoan Faontaíña que nos explicou a importancia dun uso responsable da auga e da importancia de preservar a natureza.
Por fin poidemos coñecer a Dona, a mascota da Fundación Fragas do Mandeo, que viña acopañada por Lía. A verdade é que as dúas estaban moi lucidas e contentas de vernos a tantos nenos e nenas. Non daban feito con tantas atencións. A quen non vimos foi a Maki, pero seguro que andaba agochado por entre as árbores da fraga.
Nun  paseo inesquecible con Fernando Bandín aprendimos o importante que é conservar o entorno do Mandeo. A verdade é que non sabiamos cantos pequenos segredos agochan estas fragas. Poidemos ver a flora nemoral que empeza a florecer nestas datas, a importancia de conservar este fráxil ecosistema, o impacto das especies invasoras e a riqueza dun entorno que entre todos debemos conservar e coidar. Á volta deste paseo recollimos o lixo que había na marxe do río para deixar todo máis limpo do que o atopamos. Ademais dos nosos profes, Fernando e Luis, acompañounos e axudounos Fran, un voluntario da Fundación Fragas do Mandeo. Que importante é que haxa persoas que se preocupen de coidar o medio natural! 
En Chelo tamén coñecimos a Carlos Serantes, o garda de medio ambiente que nos aconsella en cada un dos hábitats do álbum de cromos que estamos a coleccionar neste curso. 
Foi un fermoso paseo no que aprendimos moitas cousas. 


sábado, 9 de marzo de 2013

Saída a Chelo



Desde hai tempo temos prevista unha viaxe a Chelo. Queremos facela o mércores 13 de marzo pero dependerá de como veña o tempo, que anda un pouco revolto.
Esta entrada no blogue é para preparar a excursión. Temos imaxes e información desta fermosa paraxe do Mandeo. Estamos moi ilusionados porque é moi probable que nos acompañe Dona, a mascota da Fundación Fragas do Mandeo, xunto con Fernando Bandín, presidente da Fundación, e ao mellor Carlos Serantes, o garda de medio ambiente.
Fotografía de DonaDona escribeuvos un "post" na web de Fragas de Mandeo que debedes ler con atención.
Visitaremos a Aula da Natureza de Chelo, faremos actividades, pasearemos pola beira do río e recolleremos todo o lixo que atopemos. Poderemos observar a flora nemoral que é un anticipo á primavera que nos avisa do cambio de estación e que enche o solo das nosas fragas de vistosas cores e agradables arrecendos. Neste folleto de Proxecto Ríos podes informarte da flora nemoral.

Pica nos enlaces e atoparás máis información:
Aula da Natureza de Chelo.
Folleto informativo da Aula.
Mapa do itinerario que reallizaremos a pé desde a estrada Nacional VI a Chelo:

Ver Aula da Natureza de Chelo en un mapa más grande

Pica na imaxe para ver fotos do lugar de Chelo:

jueves, 7 de marzo de 2013

Recomendamos un libro: O Carballo.


O carballo é unha árbore emblemática de Galicia.
Neste libro de Calros Silvar, o Carballo cóntanos como é a súa vida e as relacións cos demais seres vivos do seu  ecosistema, con quen se leva mellor e quen o amola. Tamén nos recorda o importante que foi e é para as persoas, e como estas son na actualidade o seu maior inimigo.
Alerta dos perigos que o axexan no presente e fai unha chamada para procurar a súa defensa como un piar básico da conservación da natureza.
Finalmente, achegándose ao terreo cultural, explica os usos que as persoas fixeron deles e a importancia que en determinados aspectos tiveron para a evolución de moitos pobos e a súa pegada na cultura popular.
Convén salientar tamén, e de forma moi especial, o magnífico traballo de ilustración do seu autor, poñendo en evidencia o alto nivel da ilustración da natureza no noso país, onde Calros Silvar destaca por méritos propios.
Calros Silvar é integrante da Fundación Fragas do Mandeo e neste curso agasallounos cos magníficos cromos que ilustran o álbum "Custodiamos a biodiversidade da natureza de As Mariñas" dentro do proxecto Voz Natura no que participa o noso centro.
O Carballo é un libro para ver, ler e compartir.
Podedesde velo no ricón de Voz Natura da biblioteca.
Edita Bahía Edicións

miércoles, 6 de marzo de 2013

Nova pregunta de Dona

Esta pregunta podes atopala neste enlace: http://www.fragasdomandeo.org/voz-natura/

As preguntas de Dona

Fotografía de Dona


¡Ola rapaces!
Desta vez fostes moitos os que vos animastes a contestar. Ninguén acertou cantas bolsas recollemos. Foron unha e media, porque como imos de cando en vez, non se xunta moito lixo.
No resto das preguntas todos estades de acordo. Pero aínda que xa hai leis que prohiben ciscar lixo no monte, tamén é certo que non se pode poñer un policía escondido detrás dunha árbore en cada esquina para vixiar todo o día quen é o que tira lixo e quen non.
Fotografía de bolsa de lixoFotografía de recolledor e vasoiraAsí que podemos facer varias cousas:
  • Primeiro, dar exemplo e non tirar nada cando saiamos ó campo.
  • Segundo, concienciar ós que van connosco de que tampouco tiren lixo.
  • Nas excursións, levar algunhas bolsas grandes e organizarse entre todos para reparti-lo traballo de ir collendo todo o que atopemos polo camiño. Así, tralo noso paso, a ruta quedará máis limpa do que estaba, e volveremos a casa orgullosos de ter feito algo pola natureza.
  • Cando vexamos a alguén botar lixo, afearlle a conduta e denuncialo ante as autoridades se non deixa de facelo.
Este sábado volvín á lagoa de Sobrado, aproveitando que facía un día estupendo. Desta vez fomos no coche algo apertados, porque viñeron tamén Lía e tres voluntarios, ademais de que levamos moitas ferramentas.
Imos facer varios amaños no observatorio. Primeiro, temos que reparar as escaleiras, porque algún vándalo rompeunas. Eu podo subir dun chimpo, pero Lía vai un pouco velliña e non é capaz de entrar.
Tamén imos poñer dentro un par de carteis. Antes había un fóra, onde aparecían debuxos de tódalas aves que poden verse na lagoa. Pero alguén escachouno. Así que imos poñer un novo, xa dentro do observatorio. Así, cando unha persoa estea mirando os parrulos e non coñeza algún, pode buscalo no cartel e identificalo.
Fotografía de voluntarios no observatorio da lagoa de SobradoAdemais imos poñer outro explicando a historia da lagoa. Porque pouca xente sabe que é artificial. Construírona os monxes do mosteiro de Sobrado hai 500 anos. Hoxe parece talmente un lago natural, de tanta vexetación e tantas aves que alí hai.
Outro traballo que temos que facer é modificar unha das fiestras. O que fixo o observatorio non pensou na xente cativa. Tódalas fiestras están demasiado altas para os cativos. Incluso persoas altas non poden usa-los seus telescopios. Así que imos poñer un pouco máis baixa unha das tres fiestras.
Fotografía de Dona e Lía no observatorio da lagoa de SobradoEu estiven dirixindo todo o traballo de medición e toma de datos, así que non collín ningunha ferramenta. Non é que sexa unha lacazana. Vou a contarvos unha historia para explicárvolo. Un día, cando soamente tiña 10 meses, caeu unha gran nevarada. Lía non quería xogar porque tiña frío e quedouse todo o día na súa caseta. Como daquela eu aínda non sabía o que quería ser, estaba pensando en facerme carpinteira. Así que collín un taladro no garaxe e fun afora para estudalo. Conseguín sacalo da caixa, pero custoume e quedou rota de todo. Logo púxenme a mirar como funcionaba e, como non o daba entendido, tentei desmontalo. O caso é que cando viron o que estaba a facer me dixeron que non tocara ningunha ferramenta, e que non necesitaba andar co taladro porque eu ía ser un can gardabosques. Así que agora eu soamente me dedico a dirixi-los traballos e nunca toco unha ferramenta. ¡Son a xefa!
Cando estabamos rematando de face-las medicións, chegou un señor coa súa muller e un cativiño. Eu non o coñecía, pero achegueime a el e presentáronmo. Era un experto ornitólogo que viña a ver os parrulos da lagoa. Chámase Antonio Sandoval e escribiu un libro que se titula ¿Para qué sirven las aves?. Se aínda non sabedes para qué serven, cando medredes tedes que lelo. E vos conto todo isto para que vexades que a lagoa de Sobrado é un espazo natural importante.
Fotografía do observatorio da lagoa de SobradoA pregunta que vos vou facer desta vez ten que ver cos carteis. Como xa sabedes polo álbum, nos ríos e lagoas hai especies animais invasoras que danan moito o ecosistema. Eu quería poñer no cartel un aviso de que non se debe ceibar na lagoa ningunha especie exótica invasora. ¿Parécevos ben? ¿Qué debuxos de especies animais invasoras hai que poñer no cartel? ¿Qué outras cosas poñeriades?
Até a próxima.
Imaxe da pegada de Dona