sábado, 16 de marzo de 2013

Voz Natura: actuación en Chelo

O venres 15 de marzo estivemos en Chelo. Despois dun tempo de choiva e frío veu un día que nos anticipa a primavera e que nos permitiu disfrutar dunha fermosa paraxe. Tivemos unha unha agradable sorpresa cando nos baixamos do autobús, Luis Otero estaba esperándonos e acompañounos nesta excursión. Soubemos canto lle gusta a Natuerza e como se acorda de nós, e tamén lle dixemos canto nos acordamos del.
Visitamos a aula da Natureza da man de Xoan Faontaíña que nos explicou a importancia dun uso responsable da auga e da importancia de preservar a natureza.
Por fin poidemos coñecer a Dona, a mascota da Fundación Fragas do Mandeo, que viña acopañada por Lía. A verdade é que as dúas estaban moi lucidas e contentas de vernos a tantos nenos e nenas. Non daban feito con tantas atencións. A quen non vimos foi a Maki, pero seguro que andaba agochado por entre as árbores da fraga.
Nun  paseo inesquecible con Fernando Bandín aprendimos o importante que é conservar o entorno do Mandeo. A verdade é que non sabiamos cantos pequenos segredos agochan estas fragas. Poidemos ver a flora nemoral que empeza a florecer nestas datas, a importancia de conservar este fráxil ecosistema, o impacto das especies invasoras e a riqueza dun entorno que entre todos debemos conservar e coidar. Á volta deste paseo recollimos o lixo que había na marxe do río para deixar todo máis limpo do que o atopamos. Ademais dos nosos profes, Fernando e Luis, acompañounos e axudounos Fran, un voluntario da Fundación Fragas do Mandeo. Que importante é que haxa persoas que se preocupen de coidar o medio natural! 
En Chelo tamén coñecimos a Carlos Serantes, o garda de medio ambiente que nos aconsella en cada un dos hábitats do álbum de cromos que estamos a coleccionar neste curso. 
Foi un fermoso paseo no que aprendimos moitas cousas. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario