Fernando Bandín, presidente da Fundación Fragas do Mandeo e Carlos Silvar, integrante
da Xunta Directiva da Fundación, visitaron o noso colexio o xoves 13 de
decembro. Entre os dous diseñaron o álbum “Custodiamos a biodiversidade da
natureza de As Mariñas" e os cromos que coleccionamos.
Coñeceron o noso colexio, visitaron o rincón de Voz natura
na biblioteca e responderon a moitas preguntas que lles fixemos os nenos e
nenas do segundo e terceiro ciclos de primaria. Contámoslles a nosa visita a Cecebre, falamos dos caranguexos americanos e as especies invasoras, dos sacos de lixo que sacamos do encoro e de como debiamos conservar a Natureza. Preguntámoslles cales foron os animais máis
curiosos que observaron, cal foi o animal máis rápido que viron, como deseñaron
o álbum e os cromos, en que consiste a custodia do territorio, cantas fincas
ten a Fundación Fragas do Mandeo, por que teñen nomes en latín as plantas e os
animais, interesámonos por Dona a mascota da Fundación,…
Fernando e Carlos despedíronse, démoslles as grazas pola súa
visita, e prometeron en volver ao noso centro para participar nas actividades
do proxecto Voz Natura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario