A mimosa (Acacia dealbata) é unha preciosa árbore australiana que chegou á nosa terra coma árbore decorativa. Ten unhas follas compostas moi delicadas e cando florece se enche totalmente de pequenas flores amarelas.
Por tratarse dunha especie exótica invasora, ofrece a oportunidade de introducir este problema. Dentro das principais causas de perda de biodiversidade en todo o planeta, as especies exóticas invasoras supoñen a segunda en importancia, trala destrución directa dos hábitats. Por ese motivo, soamente deben cultivarse en xardíns urbanos onde non hai posibilidades de que se espallen. Aquelas que están no monte, deberían ser eliminadas, tal como establece a lexislación vixente.
Na web de Fragas do Mandeo hai un apartado dedicado exclusivamente a este tema, ó que se pode acceder escollendo no menú da sección Hábitats o apartado “As especies invasoras”. Pode tamén descargarse a ficha da mimosado Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, ficha da mimosa do Atlas de las Plantas Alóctonas Invasoras de España ou a ficha da mimosa (en inglés)do programa DAISIE da Unión Europea, dedicado ás invasión biolóxicas, que a clasifica dentro das cen peores especies.
A continuación vai un mapa de localización de mimosas na nosa bisbarra que se deberían de eliminar para evitar que se propaguen.
Ver Especies invasoras: as mimosas. en un mapa más grande
No hay comentarios:
Publicar un comentario