As preguntas de Dona

¡Ei rapaces!
Desta vez estivestes durmidos. Soamente Uxía e Lucas acertaron coa resposta á miña pregunta. Pero Miguel faloume de que algúns estades facendo un mapa no que marcades os sitios onde vistes mimosas. ¡Moi ben!
Efectivamente, a árbore invasora que está agora a encherse de flores amarelas é a mimosa. Se queredes lucirvos podedes usa-lo seu nome científico: Acacia dealbata. É unha árbore australiana que trouxeron para plantar nos xardíns, de maneira que alegren a vista nunha época do ano na que hai poucas flores.

E así pouco a pouco vai desprazando as árbores e arbustos propios da nosa comarca. Por iso non hai que deixalas medrar no monte, porque se as deixamos pode pasar coma na comarca de O Ribeiro, onde os montes xa están cheos delas e non hai quen sexa capaz de paralas.

Neses países de lonxe tamén pasa o mesmo, pero ó revés. Alí as especies exóticas invasoras son algunhas das especies propias de aquí. Vou contarvos unha historia para que me entendades, pero cunha condición: ¡que non llo contedes a Maki!
Nova Zelandia é o país situado máis lonxe de aquí. Queda cerca de Australia e está formado por dúas illas grandes que xuntas parecen unha bota posta cabeza abaixo. Polo canal que separa ámbalas dúas illas navegan moitos barcos. Para que non houbera accidentes, construíron un faro nunha pequena illa deshabitada que está no canal. Os maorís chámanlle Takapourewa e os ingleses illa Stephens. Para atende-lo faro contrataron a tres fareiros, que foron acompañados das súas familias para non estaren solos. Os novos habitantes levaron gatos para caza-los ratiños que se meteran no faro e nas casas. Din que a un deles chamábanlle Tibbles.

Pero despois dun tempo, Tibbles non trouxo máis paxariños. O señor Lyall buscou por toda a illa e non atopou ningún. Xa non había carrizos de Stephens por ningures. Desapareceran totalmente. Extinguíronse para sempre.
A culpa levouna Tibbles e os seus parentes, por cazaren tódolos carrizos de Stephens que había no mundo. Pero o pobre Tibbles non sabía o que facía, soamente tiña fame e alí había paxariños doados de cazar porque nunca viran un gato.
Agora xa sabedes porqué a Maki non lle gusta que conte esta historia e porqué sempre lle poñen comida de máis no seu pratiño.
O conto desta historia é que non se deben levar animais ou plantas a lugares que non son propios, porque poden causar problemas. Poden converterse nunha especie invasora. Incluso poden extinguir algunha especie nativa, propia do país.


¿A que non sabedes cantas bolsas de lixo enchemos?
Eu sempre me pregunto por qué temos que limpa-lo lixo que tiran outros. ¿Vós que facedes? ¿Tamén ides recoller lixo nos espazos naturais? ¿Ou pensades que debería recollelo quen o tirou? ¿Qué podemos facer para que a xente non tire lixo no campo?
Até a próxima.

No hay comentarios:
Publicar un comentario