Os nenos e nenas de educación infantil foron á praia de Sada. Estaban moi emocionados con esta pequena excursión.
Saíron do colexio en fila e camiñaron polo paseo marítimo ata a praia.
Viron as algas, as cunchas, a area, o lixo que tiramos e que o mar trae de volta para a beira,... Sentiron a brisa do mar. Pisaron a area dura e a area branda, a area húmida e a area seca.
Colleron moitas cunchas e trouxéronas para o colexio para clasificalas e facer traballos con elas. Tamén aprenderon moitas cousas, unha moi importante foi que non debemos tirar lixo.
jueves, 25 de abril de 2013
martes, 23 de abril de 2013
Éxito do rastrillo solidario
O rastrillo solidario realizado o Día do Libro para recadar fondos para a Fundación Fragas do Mandeo foi todo un éxito.
Da venda dos libros recollidos no centro recadáronse 318,50 € e dos libros vendidos pola Fundación pola tarde 93,60 €. En total 412,10 €.
Co recadado a Fundación adquirirá unha finca para custodia do territorio no entorno do río Mandeo. No momento que se proceda á compra daremos máis información dos detalles.
Pica na imaxe para ver o álbum de fotos publicado no xornal La Voz de Galicia.
Da venda dos libros recollidos no centro recadáronse 318,50 € e dos libros vendidos pola Fundación pola tarde 93,60 €. En total 412,10 €.
Co recadado a Fundación adquirirá unha finca para custodia do territorio no entorno do río Mandeo. No momento que se proceda á compra daremos máis información dos detalles.
Pica na imaxe para ver o álbum de fotos publicado no xornal La Voz de Galicia.

lunes, 22 de abril de 2013
22 de abril: Día da Terra
Xogo interactivo de WWF España e da Fundación AXA para concienciar e fomentar un cambio de modelo enerxético que nos permita paliar os efectos do cambio climático.
domingo, 21 de abril de 2013
Día do libro. Rastrillo solidario
O 23 de abril celébrase o Día do Libro e con tal motivo queremos organizar un rastrillo
solidario no Colexio de educación infantil e primaria Sada y sus Contornos.
As actividades que levamos a cabo no colexio dentro
do proxecto “Custodia do territorio e biodiversidade” pódense seguir a través
do blogue: http://voznaturasada.blogspot.com.es/
Para levar a cabo esta actividade solicitamos a
colaboración das familias coa aportación de libros de literatura infantil e
xuvenil e tamén de temática ambiental ou sobre a Natureza.
12,15
a 13,30 horas, para que os alumnos do centro poidan
mercar libros. De 13,30 a
14,00 horas e pola tarde, de 16
a 17 horas, abrirase para as familias e público en
xeral. No horario de tarde estarán tamén no centro representantes da Fundación
Fragas do Mandeo que atenderán aos interesados en colaborar con esta entidade e
informarse sobre as súas actividades.
Programa Voz
Natura: Custodia do territorio e biodiversidade
Neste curso estamos levando a cabo o proxecto
“Custodia do territorio e biodiversidade” dentro do programa Voz Natura da
Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, que nos concedeu unha axuda para
adquisición de materiais e para algunhas das viaxes realizadas. Máis
información: http://www.voznatura.com

Fundación
Fragas do Mandeo
Neste proxecto contamos coa constante colaboración
da Fundación Fragas do Mandeo, (http://www.fragasdomandeo.org/ ) unha
entidade de custodia do territorio que ten como fin
a preservación da biodiversidade na comarca coruñesa de As Mariñas.
Coa adquisición de fincas de interese ambiental mediante compra, doazón ou
legado, e a través de acordos cos propietarios de parcelas, baixo aluguer ou
cesión temporal, busca conserva-los espazos naturais desta comarca.
Dentro deste proxecto temos previsto realizar un
rastrillo solidario con achegas de libros por parte das familias e do centro
para poñelos á venta o día 23 de abril. A recadación da venta dos libros
destinarase á Fundación Fragas do Mandeo para colaborar na adquisión de fincas
para a custodia do territorio.
Colaboración
das familias

Rastrillo
solidario
O
rastrillo estará no ximnasio de viernes, 19 de abril de 2013
Nova pregunta de Dona. Rastrillo solidario e Maki
Esta pregunta podes atopala neste enlace: http://www.fragasdomandeo.org/voz-natura/

¡Ola rapaces!
Xa vexo que moitos de vós queredes volver a facer excursións polas fragas do río Mandeo e percorrer tódolos seus camiños. Se vos dan permiso, eu estarei encantada de guiarvos.
Hoxe teño unha boa noticia e outra mala. Deixarei a mala para o final porque non teño moitas gañas de falar dela.
A boa noticia é que hai quince días mercamos dúas parcelas. Unha delas está na beira do río Mandeo, cerca de Chelo. A outra está no cumio do monte da Espenuca, que é o que lle fai sombra a Chelo, e dende el vese toda a bisbarra.

O voso director díxome que o martes día 23 ides a celebrar o día do libro facendo no colexio un rastrillo onde venderedes libros. E tamén me falou de que cos cartos ides mercar algún monte para que o conserve Fragas do Mandeo. A min paréceme unha idea estupenda. Aínda máis, xa lle teño botado o ollo a varios que me gustan moito. Así que tedes que vender unha morea de libros.
A verdade, eu non entendo porqué vos gustan os libros. Eu non lles vexo nada interesante. Teñen follas, pero non son tan bonitas coma as dos árbores. Todas olen igual, van xuntiñas e teñen a mesma forma. As dos árbores olen a moitas cousas e están tan ceibas que cando hai vento escapan das árbores e van de paseo polo monte.
A min póñenme unha grande debaixo do prato da comida para que aprenda a ler. Pero ten as letras tan pequenas e xuntas que non as podo ulir de unha en unha porque se lles mestura o olor. ¿Como vai unha a aprender así a ler? Se aínda puxeran unha letra en cada folla, podía ir ulindo cada unha e saber o que está escrito. Así que nunca leo cando como.

Chegaran o pé dun vertedoiro de lixo ilegal que había no monte. Mandáronlles quedar sentados a distancia. Lía non entendía o motivo, pero Fusco díxolle que naqueles sitios había cristais rotos e podían corta-los pés, que xa lle pasara a el unha vez. O que os acompañaba acercouse a inspeccionar, pois levaba botas. E alí veu un libro tirado, no medio do lixo, todo mollado e xa medio desfeito. Mirouno ben, abriuno e viu que tiña unhas follas con letras vermellas e outras con letras verdes. De cando en vez algún debuxo. Lía dixo que se puxera triste e non falara nada no camiño de volta. Cando chegaron á casa falou alporizado. “Mira que hai analfa-burros neste país”, dixo enfadado. “A primeira edición en castelán da historia interminable no lixo. ¿E non haberá bibliotecas onde deixalo se non o queres?”. Pregunteille a Lía que quería dicir con todo iso, pero non soubo contestarme.
Eu tampouco o dou entendido. Se o libro contaba unha historia e a historia era interminable, ¿cantas follas tiña o libro? ¿E quen escribiría ese libro? Digo eu que sería un vello moi velliño, porque unha historia tan longa tárdase moito en escribila. ¿E por que tiña unhas follas en vermello e outras en verde? E se era tan importante, ¿non podían recollelo e poñelo a secar?

Lía di que en todos eses libros fálase de nós, de cómo hai que facer para entendernos e ensinarnos cousas. E digo eu, ¿e non sería máis fácil que nos preguntaran o que quixeran saber? ¡Mira que se complica a vida a xente!
En fin, o dito, vós vendede moitos libros. ¡A ver se podemos mercar un monte ben grande!
E agora vai a mal noticia. Xa vos dixen que a Maki gustáballe durmir todo o día e logo andar de varanda pola noite. Pero da última non volveu. Atopárona pola mañanciña na estrada, baixo a choiva. Digo eu que tivo que ser que a cegou un coche e non puido zafarse. Porque a min ben que me esquivaba cando corría tras ela. ¡Quen lle mandaría ir tan lonxe de casa soa! Pero é que sempre foi moi aventureira. Xa de pequena agachaba polas árbores aínda que estiveran as pegas berrándolle ameazadoramente por andar cerca do seu niño. Ou cando subiu ó tellado da casa e andouno todo, sen medo de caer ou que lle viñera unha rapina e a levara. ¡Non se decata unha do que vai estrañar a unha amiga até que a perde!

As miñas preguntas de hoxe son moi sinxelas. Dixéronme que para conseguir cromos para o álbum tiñades que pedir un libro na biblioteca. ¿Cantos libros levades lido neste curso? Porque, ¿non faredes trampas e colleredes os libros para que vos dean os cromos e logo non os ledes? ¿Qué clase de libros vos gustan?
¡Até a próxima!

miércoles, 3 de abril de 2013
Despois da viaxe a Chelo, Dona pregunta de novo.

¡Ola rapaces!
Xa vexo que a última vez que vos escribín estabades tan emocionados coa idea de ir a Chelo para coñecerme e visitar as fragas do Mandeo que nin vos parastes a contestarme. ¿Ou é que non sabiades que animal e dúas veces animal?
Sexa polo que sexa vou contestarvos a adiviña: Pois é Maki Rabuda, porque é gato e máis araña. Cando xoga comigo non ten conta de que ten unhas uñas ben afiadas e moitas veces rabúñame sen querer.



Agora xa sabedes porque non fun capaz de subir polo piñeiro tras do esquío que vimos en Chelo. Se tivera unhas uñas como as de Maki veriades un can escalador en acción.
Pero non vos queixedes. A pesares do barullo que faciades, xa vistes que eu estaba moi atenta a todo. Tiña que andar para arriba e para abaixo mirando que non se perdera ninguén, esquivando os que non deixaban de sobarme. E aínda así puiden sentir e ulir o esquío. A pesares de que estaba ben escondido, souben sacalo do seu agocho para que o virades subir polo piñeiro.

Cando chegamos á casa, atopamos a Maki nada máis entrar. Como anda toda a noite de esmorga, tiña sono e frío, e se puxera a durmir ó sol. ¡Non pega golpe! Así que Lía e máis eu, que estabamos ben cansas por facer toda a mañá de guías, deitámonos tamén a botar unha boa sesta.

Á noite presentámolo noso informe:
- Ninguén se perdeu, a pesares de que erades 60 alumnos que non parabades.
- Identificamos moitas plantas en flor: cáncaros, violetas, anémonas, lúzulas e tres clases de amarelles, incluso un deles ameazado: o Narcissus cyclamineus.
- Tamén identificamos un arbusto en flor, aínda que moitos dinlle árbore: a abeleira.
- Vimos un esquío agachando polas árbores e un pobre teixugo que afogou no río.
- Entre as especies exóticas invasoras, unha árbore, a acacia de madeira negra, e unha planta, a crocosmia.
- E recollemos un montón de lixo.

E agora un par de preguntas moi sinxelas:
¿Qué é o que máis vos gustou da excursión a Chelo?
¿Queredes que vos guíe a algún outro sitio?
¡Até a próxima!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)