O 20 de xuño tivo lugar na Casa da Cultura de Sada o Congreso "Custodia de territorio e biodiversidade". nel presentamos os traballos e actividades realizadas neste curso dentro do proxecto Voz Natura.
Nesta entrada podedes ver as fotos d congreso, as presentacións e textos que se presentaron aos aistentes.
martes, 25 de junio de 2013
viernes, 14 de junio de 2013
As preguntas de Dona

¡Ola rapaces!
Todos acertastes o nome das aves que cazan pola noite e que figuran no álbum: o moucho e maila curuxa. Xa foi outra cousa saber en que se diferencian e por onde andan. Normal, porque para velos hai que saír pola noite a observalos, e seguramente non vos deixen na casa.
En cambio eu saio moitas veces a pasear pola noite. A Lía e a min gústanos moito, porque sempre atopamos novos rastros dos habitantes do bosque. De día non saen tanto porque téñenlle medo á xente. Pero de noite andan tódolos camiños, visitan as hortas e incluso se achegan ás casas.

E logo están as avenoiteiras. Para ser paxaros, son ben raros. Tamén son nocturnas, pero non son nin mouchos nin curuxas. Igual que os morcegos, cazan insectos voando moi silenciosamente. Para atrapalos teñen unha boca ben grande e con plumiñas como barbas nas comisuras. E cando cantan… Era mellor que calaran, porque parecen ras co disco raiado. Nesta época do ano teño que aguantalas tódalas noites. E de día teño que andar con coidado para non pisar unha, porque aniñan no solo. ¡A quen se lle ocorre! ¡É que non se decatan de que se unha vai despistada pode non velas de tan ben que se camuflan!

E logo están os mouchos e as curuxas, xente seria e calada, que pensa as cousas antes de falar. Por iso teñen fama de sabios. Mouchos hai moitos, pero antes de explicarvos as súas diferenzas vou contarvos unha historia que Lía contoume a mín.
Foi hai moitísimos anos, cando aínda non nacera ela. O seu amigo Fusco saía tódalas noites de inverno a correr polos montes. Un día, unha avelaionaestaba pousaba na beira do camiño. Lanzaba o seu uu, uu, u-u-u-u de cando en vez, e ó lonxe respondíanlle outras avelaionas. Non é para asustar á xente: así é como saben onde vive cada unha e non se meten no territorio da outra. Fusco era valente, pero cando pasou baixo a súa árbore, a avelaiona botou a voar sobre el silandeiramente. Foron á par un do outro un bo cacho. A avelaiona voando a un par de metros por riba del. Fusco pensou en botar a correr a todo meter, pero non o fixo para demostrar que non era un covarde. A avelaiona pasouno e pousouse noutra póla. ¿Qué pretendía facer? ¿Tería tanta fame que querería comelo? ¿Ou tiña as crías preto e quería botalo de alí? De novo, cando Fusco chegou a súa altura, a avelaiona votou a voar por riba del. E aínda unha terceira vez.
A avelaiona viu que Fusco andaba ó seu, e tampouco se atreveu a atacalo. Deixouno ir sen que pasara nada. Pero é un dos mouchos máis feros que habitan na nosa bisbarra. Nunha ocasión un fotógrafo inglés moi famoso, que se chamaba Eric Hosking, quixo fotografar unha no seu niño. Aquela avelaiona enfadouse tanto que case lle saca un ollo coas súas poutas. Daquela Flemming aínda non descubrira os antibióticos, así que o médico que o atendeu tiña medo que se lle infectase a ferida do ollo e recomendoulle amputalo. Hosking pensou que se o seu fotógrafo favorito soamente tiña un ollo, el tamén podería ser un fotógrafo dun so ollo. Hoxe tódolos fotógrafos que queren sacarlle un retrato a unha avelaiona van con casco. Por algo será.
Hai mouchos moito máis grandes que a avelaiona. O bufo real é o máis grande de entre os que viven en Galicia, pero non os hai na nosa bisbarra. É alto coma min e para medrar tanto non lle chega con comer ratiños: incluso caza coellos.

As curuxas son máis fáciles de sentir que de ver. O seu canto non se parece para nada ó dos mouchos. Fan un shshshshsh que fai arrepiar a calquera. Igual que as avenoiteiras, nunca han gañar un concurso de canto. Se ides un día no coche de noite e se vos cruza unha curuxa, é moi fácil recoñecela. É a única ave nocturna de peito branco e as costas color area. Tamén fai niños preto das casas, pero como é moito máis grande que o moucho común, ten que ter máis sitio. Por iso usa os faiados de casas, palleiras e edificios abandonados. Hai unha preto da miña casa que de cando en vez ven comer a súa presa xunta a miña caseta.
Comen todo tipo de ratiños, musarañas e outros mamíferos pequenos. Caza moito de ouvido: pousa nun poste, ponse a escoitar, e como se poña un ratiño a roer, alá se lanza ela. Logo, cando chega a hora de comelo, ten un problema. Non é capaz de separar os osos da carne porque, sendo de noite, non logra distinguilos. Así que traga enteiro o bicho que cazou, con todo o seu pelo e osos. Despois, de cando en vez, ten que vomitar unhas pelotas negras con todo o que non foi capaz de dixerir. Os científicos chámanlle a estas pelotas “egagrópilas”. ¡Coma sempre, un nome fácil! Se un día atopades unha morea delas nalgún sitio saberedes que alí vive unha curuxa. E mirando o que teñen dentro saberedes o que comen as curuxas.
Todos estes animais nocturnos dos que vos falei comen moitos animaliños que causan mal nas colleitas. Por iso están todos protexidos. E aínda que sexan raros e non traten coa xente, debemos respectalos e non terlles medo.
Se algún día saídes de paseo nocturno cos vosos pais, andade cos ollos ben abertos a ver se vedes algún destes habitantes da noite.
¡Até a próxima!

martes, 4 de junio de 2013
5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente

Los objetivos son darle una cara humana a los temas ambientales, motivar que las personas se conviertan en agentes activos del desarrollo sostenible y equitativo, promover el papel fundamental de las comunidades en el cambio de actitud hacia temas ambientales, y fomentar la cooperación, la cual garantizará que todas las naciones y personas disfruten de un futuro más prospero y seguro.
Fuente: Naciones Unidas
"Si supiera que el mundo se ha de acabar mañana, aun así plantaría un árbol".Martin Luther King, Jr.
Destacamos de manera especial el emocionante documental "Marea blanca" de la cineasta Isabel Coixet, sobre los voluntarios que ayudaron a limpiar el chapapote de la catástrofe del Prestige.
Desde el INTEF recogemos algunos de los recursos y páginas de interés para desarrollar el tema en las aulas.
RECURSOS EDUCATIVOS EN EL PORTAL DEL INTEF
- CIDEAD - La humanidad y el medio ambiente
- WikiDidáTICa - La necesidad de cuidar el medio ambiente
- CIDEAD - La acción humana sobre el medio ambiente
- Proyecto Biosfera - Biotecnología y medio ambiente. Biorremediación
- Programa ARCE - Turismo y medio ambiente: frente a frente
- Proyecto Ulloa - La química en sociedad
- Bosques: un acercamiento a la ecología
PÁGINAS DE INTERÉS
domingo, 2 de junio de 2013
Festa Voz Natura
O sábado 1 de xuño celebrouse en Acea de Ama a festa Voz Natura. Foi un rebumbio de xente, unha morea de traballos dos coles que participamos neste proxecto e moita festa.
Neste enlace podedes ver o álbum de fotos que publicou o xornal La Voz de Galicia.
E aquí vai unha presentación dos nosos traballos e de fotos que sacamos na festa:
Neste enlace podedes ver o álbum de fotos que publicou o xornal La Voz de Galicia.
E aquí vai unha presentación dos nosos traballos e de fotos que sacamos na festa:
martes, 28 de mayo de 2013
As Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo, reserva da biosfera
A Unesco designou hoxe como nova reserva da biosfera as Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A zona cubre arredor de 116.000 hectáreas, alberga unha poboación de cerca de 190.000 habitantes e engloba as concas de dous grandes ríos, o Mero e o Mandeo, con ecosistemas costeiros e de montaña que teñen unha gran diversidade biolóxica.
Comprende os concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada e Sobrado dos Monxes.
miércoles, 22 de mayo de 2013
Entrevista na TVG
Hoxe pola tarde desprazámonos a Chelo para realizar unha entrevista para a Televisión de Galicia. Contamos o que fixemos no noso proxecto "Custodia do territorio e biodiversidade". Estabamos moi nervosos pero saiu todo moi ben. Podedes ver a entrevista e máis as fotos.
Álbum de cromos completo
Seguro que xa tes o álbum de cromos completo. Se che falta algún vai pola biblioteca para rematalo.
Nova pregunta de Dona

¡Ola rapaces!
¿Xa vos dixeron que mercamos un lote de montes cos cartos que xuntastes no rastrillo do día do libro, e máis os que puxeron os nosos doadores? Pois se non vo-lo dixeron, dígoo eu agora. Mercamos 26.630 metros cadrados de fraga, toda chea de carballos, castiñeiros, bidueiros, loureiros e moitas máis árbores. E agora ninguén vai cortalos, porque vou estar eu vixiándoos e como se achegue a eles alguén cunha motoserra, vai saber quen son eu.
Tamén hai unha parcela que ten eucaliptos. A min non me gustan nada, porque os eucaliptais non dan acubillo a tantas plantas e animais coma as fragas. Eu non sabía para que a querían, pero me dixeron que van cortar tódolos eucaliptos e logo plantar carballos e castiñeiros. Así os animais do bosque terán landras e castañas que comer. Se cadra aínda podedes axudar a plantalos. ¿Animádesvos? Pero será para o próximo ano, porque xa é tarde para facelo.

Non, non colleron un avión ou un barco para facer turismo por Galicia. Tampouco nadando, que o océano é moi grande para cruzalo a nado. Entón, ¿como foi? Pois resulta que os trouxeron para crialos en granxas.
Non pensedes que os criaban para logo vendelos como mascotas. Non, foi para outra cousa. Dáme arrepíos soamente de pensalo. Os criaban para logo sacarlles o pelexo e facer abrigos de visón. ¡Mira que hai xente ben bruta! Como alguén queira facer un abrigo co meu pelexo voulle dar unha trabada que vai acordarse toda a súa vida.
O caso é que fixeron moitas granxas para crialos. Claro que, como se fixeron tantas, pouco tempo despois sobraban e os donos arruináronse. Como non sabían que facer con tantos visóns, algúns propietarios ceibáronos.
Noutros casos entrou xente de noite, a escondidas, para liberalos. É xente á que non lle gusta que maltraten ós animais. Pero en vez de levalos para América, deixáronos que escaparan. ¡E fixeron unha ben boa! Aínda foi peor o remedio que a enfermidade, porque a meirande parte destes visóns escapados morreron ós poucos días. Afeitos a vivir nunha gaiola e recibir a comida ás horas que lles tocaban, non sabían vivir no monte e cazar a súa mantenza, e morrían coa fame. Outros, acostumados a que os encargados lles deran de comer, non tiñan medo de nada. Metíanse nas casas sen ter en conta os seus donos e os cans que as gardaban, ou cruzaban as estradas sen mirar se viñan coches.

Andaban por todas partes. Mataban galiñas e dixeron incluso que algún gato. Aparecían mortos nas estradas, e cando alguén quería coller algún que quedaba vivo, revirábanse e trababan. Un deles entrou na casa. Daquela, Fusco e Lía patrullaban a finca a cada pouco e xa tiñan un camiño feito pola beira de tanto andar. Se tomaban moi en serio o seu traballo de vixiantes. Así que, en canto entrou o visón, vírono e foron tras del. Pero o visón escapou pola sebe correndo até que se escondeu nun burato que había no cemento da canceira. Alí non podían collelo nin Fusco nin Lía, porque o cemento está moi duro para escarvar coas poutas.
Entón foron chamar por xente, a ver se podían axudalos. Pero nada, non había maneira de sacalo de aquel refuxio. Así que a xente da casa decidiu cazalo facendo unha trampa e poñéndolle comida para atraelo.
A Fusco e máis a Lía non lles pareceu nada ben todo iso. O visón metérase na canceira, detrás da súa caseta. Non a usaban, porque a eles, como a min, gustáballes máis estar o pé das portas por se ven alguén. Pero era a súa caseta. E eles eran os responsables de que ninguén estraño entrara na finca. “Han pensar que pasamos todo o día durmindo e que non facemos o noso traballo. ¿E se lle traba a Gatony? Aínda han botarnos”, pensaban. E, aparte, non lles gustou nada que puxeran como cebo o seu penso: “¿Comerse a nosa comida? ¡Nin de broma!”, foi o que dixeron.
Entón decidiron argallar un plan. Pola mañanciña, cando toda a xente marchou a traballar, eles puxéronse a espiar o burato dende lonxe. De alí a un pouco o visón saíu para buscar algo de comer, avanzou pola sebe, sabendo que nela estaba protexido. De repente, apareceulle Fusco de fronte, e cando ía a baterse en retirada, Lía cortoulle o camiño. Ensinoulle os dentes, pero Lía é valente e non se botou atrás. Pegou uns brincos para escapar, pero Lía era moi áxil e o visón non tivo escapatoria.

Os visóns americanos fan moito mal na nosa bisbarra. Os poucos que sobreviviron daqueles miles que ceibaron atopan comida nas beiras dos ríos, das lagoas e do mar. Alí atrapan todo aquilo co que se cruzan: un ratiño aquí, unha musaraña alá, un paxariño despistado, ou os ovos dun parrulo que fixo un niño no chan. Non se libran nin sequera as rás.
As que peor o pasan son as aves acuáticas e mariñas. As primeiras, como a galiñola negra, fan os niños no borde da auga e están ó alcance do visón. Outras fan niños flotantes, como o mergullón pequeno, pero tampouco se libran de todo porque o visón sabe nadar moi ben e ás veces consigue atopalos. Tamén sofren as aves mariñas, porque as gaivotas e outras especies fan os niños no chan.
Máis adiante os visóns emparelláronse e comezaron a criar. Os seus fillos aprenderon a cazar dende pequenos, totalmente adaptados ó novo país dos seus pais. Agora están por todas partes. ¡Son o inimigo público número 1 nos ríos da nosa bisbarra! E non saben como desfacerse deles. Se nos adestraran a cazalos a uns cantos cans coma min, ¡non habían durar nada!
Xa sabedes a historia do visón americano. Agora unha nova pregunta. No álbum hai soamente dúas especies de aves que cazan pola noite. ¿A que non sabedes cales son? ¿E podedes dicirme algo máis delas? A ver: ¿En qué se diferencian? ¿Por onde andan? ¿Polas fragas ou preto das casas? ¿Qué é o que comen?
¡Até a próxima!

viernes, 10 de mayo de 2013
As Brañas de Sada
Hoxe visitamos unhas lagoas que temos na nosa vila. Fomos dando un paseo desde o colexio ata as Brañas de Sada.
Guiounos a visita Carlos Silvar, un gran coñecedor destes paraxes e integrante da Fundación Fragas do Mandeo. Grazas a el sabemos a importancia destes humedais, a súa orixe e a flora e fauna que podemos observar neles.
Cando chegamos vimos un depósito de lixo. Explicounos que non debemos tirar lixo en calquera lugar, que debemos levalo a un punto limpo.
Encontro cun ilustrador: Carlos Silvar.
Carlos Silvar é un dos mellores ilustradores
que temos en Galicia. Hoxe veu ao noso colexio a presentarnos o seu último
libro: O Carballo. Mostrounos as ilustracións do libro e foinos contando os
segredos da árbore máis maxestuosa e lonxeva da nosa terra. Algúns exemplares
mesmo chegan aos 900 anos.
Aprendimos moitas cousas sobre a importancia que ten preservar estas
árbores e os bosques que forman: as fragas.
Ao remate fíxonos unha bonita dedicatoria no
libro que temos no rincón Voz Natura da biblioteca do noso colexio.
jueves, 9 de mayo de 2013
Compra de fincas da Fundación Fragas do Mandeo.

O xoves 9 de maio, ás 16 horas, achegámonos a Betanzos para asistir á sinatura da escritura de adquisición de varias parcelas de monte na notaría de D. Óscar López Doval por Fragas do Mandeo.
A Fundación Fragas do Mandeo mercou un total de 26.630 m2. Da superficie total, 2.105 m2 foron os que se pagaron cos 318,50 € que xuntaron os alumnos do Colexio Sada y sus Contornos no rastrillo solidario realizado o Día do Libro para recadar fondos para a Fundación Fragas do Mandeo.
Na escritura de compra recóllese a contribución do noso centro:

Despois de rematar o acto de compra na notaría desprazamonos a Espenuca, onde poidemos observar o estado actual do mirador. Alí actuará a Fundación nos terreos adquiridos para recuperar o hábitat propio dese entorno. Co paso do tempo poderemos ir comprobando como o esforzo e contribución solidaria terán un efecto importante na conservación do medio ambiente.
Escritura de compra. Mención ao Colexio Sada y sus Contornos.
Nova na páxina web da Fundación Fragas do Mandeo.
miércoles, 8 de mayo de 2013
As preguntas de Dona.

¡Ola campións!
Xa me contaron como foi o do voso rastrillo no colexio. O martes pasado viñeron pola tarde os voluntarios de Fragas do Mandeo cunha caixa de galletas. Eu xa andaba a ver se me daban unha cando me dixeron que non eran galletas, que a caixa estaba chea coa morea de cartos que xuntastes no rastrillo.
Eu non sei contar cartos, pero din que chegan de sobra para mercar un monte. ¡Sodes os mellores! Eu faleilles dos que máis me gustan entre tódolos que teño visto. A ver se convencen ó dono para que nos venda un e poidamos ir a correr por el e ve-los bichos que alí viven.

Hoxe vou falarvos dun dos bichos que vive neses montes. Porque todo o mundo fala dos animais grandes e feros que saen nos documentais da televisión. Pero tamén hai animais pequeniños que están ameazados de extinción e dos que ninguén se lembra. Por iso, quero que coñezades a un destes bichos esquecido por todos. Chámase o caracol de Quimper.
O nome xa o di, é un caracol. Pero, ¡ollo!, non é un caracol calquera. Ten unha cuncha delgadiña, case transparente, de cor marrón con pintas negras. A cuncha dos máis grandes soamente chega ós tres centímetros de diámetro e diferénciase dos que andan polo xardín en que a ten plana.

E diredes, ¿por que lles chaman “de Quimper”?, que é un nome ben feo. Pois resulta que o primeiro que viron os científicos foi atopado nun concello francés que se chama Quimper. E aí lles quedou ese nome. ¡Que pouco orixinais son os científicos! Se o tiveran atopado en Espenuca, agora chamaríanlles caracol da Espenuca, que é un nome moito máis bonito.
Pois este caracoliño, a pesares de tomar tódalas precaucións para que non o collan, está ameazado. ¿Por qué? Pois porque soamente vive nas fragas frescas e húmidas onde medran carballos, castiñeiros e outras árbores do país que no outono perden a folla. A estas árbores chámanlles “caducifolias”, que é a maneira fina de dicir que lles cae a folla, para diferencialos dos que teñen folla todo o ano, coma os piñeiros. Comen fungos que medran na madeira podre que hai nestes bosques. E como cada vez quedan menos fragas de bosque autóctono, pois tamén menos caracois de Quimper.
Mirade que poucos quedan que soamente os hai en tres países. Aparte de Galicia, viven no norte de Portugal e de España (Asturias, Cantabria e País Vasco), e na Bretaña francesa. Non é un capricho que vivan nestes sitios, se non que foi por unha cousa que pasou hai moitos miles de anos.
Naquel tempo o mundo estaba cuberto de neve e xeo: era o período das glaciacións. Os animais eran grandes e con moito pelo para se defenderen do frío, como o mamut lanudo, o perezoso xigante ou o tigre de dentes de sabre. Pero isto xa o sabedes porque vistes a película Ice Age e coñecedes a Manfred, Sid e Diego.

Co frío apenas chovía, porque soamente caía neve, os ríos conxelábanse e non chegaba a auga ó mar. O seu nivel era tan baixo, que se vivíramos naquela época podiamos ir en bicicleta dende Sada até Ferrol en liña recta, porque o mar estaba lonxe e todo o seu fondo quedaba á vista. Os ríos que vemos hoxe, desembocaban a moita distancia de onde o fan agora e nas súas beiras medraban as árbores baixo as que vivía o noso protagonista.
Toda aquela extensión de terra era un país que hoxe xa non existe. Chegaba dende o norte de Portugal até Francia. Nel vivía o caracol de Quimper. Pero cando remataron as glaciacións e o xeo se derreteu, o mar empezou a subir e inundar todo ese país. Os caracois tiveron que marchar e puxéronse a andar pola beira dos ríos. Así chegaron algúns a Chelo e ó monte da Espenuca, onde agora viven os seus descendentes. Os que tiraron para o este chegaron a Bretaña, que está en Francia.
Un parente deles, a lesma de pencas, tamén veu para a nosa comarca. Pero outras, en vez de acompañar os caracois de Quimper no camiño cara a Francia, marcharon ó norte e agora os seus descendentes viven nunha rexión de Irlanda.
Xa non quedan mamuts lanudos, nin perezosos xigantes, nin tigres de dentes de sabre. Pero foi un animaliño tan pequeniño e lento coma o caracol de Quimper quen foi capaz de escapar do desxeo e da subida do nivel do mar, adaptándose ó novo clima. Por iso é tan importante conservalos, porque nos recordan que os máis rápidos e fortes non son sempre os que saen gañando.
E no monte que imos mercar, eu sei que hai caracois de Quimper e habemos de buscar as lesmas de pencas. Por iso sodes uns campións, porque grazas ó voso rastrillo imos conservar para sempre un monte onde van a vivir sen que ninguén os moleste.
Agora a pregunta: Entre tódalas especies exóticas invasoras que aparecen no álbum, ¿cal é a máis fera de todas? ¿Sabedes como chegou á nosa bisbarra e os problemas que provoca? Se me acertades coas respostas, contareivos a historia de cando Lía se enfrontou a un deles.
¡Até a próxima!

martes, 7 de mayo de 2013
Murais Voz Natura
Os nenos e nenas de 1º ciclo de educación primaria fixeron dous fermosos murais relacionados co proxecto Voz Natura que estamos levando a cabo este curso.
Noraboa.
Noraboa.
jueves, 2 de mayo de 2013
Completa o teu álbum de cromos
Se non completache o álbum de cromos de Voz Natura, en maio podes facelo.
Ven á biblioteca: leva un libro e escolle un cromo dos que che falten.
jueves, 25 de abril de 2013
Excursión á praia de Sada
Os nenos e nenas de educación infantil foron á praia de Sada. Estaban moi emocionados con esta pequena excursión.
Saíron do colexio en fila e camiñaron polo paseo marítimo ata a praia. Viron as algas, as cunchas, a area, o lixo que tiramos e que o mar trae de volta para a beira,... Sentiron a brisa do mar. Pisaron a area dura e a area branda, a area húmida e a area seca.
Colleron moitas cunchas e trouxéronas para o colexio para clasificalas e facer traballos con elas. Tamén aprenderon moitas cousas, unha moi importante foi que non debemos tirar lixo.
Saíron do colexio en fila e camiñaron polo paseo marítimo ata a praia. Viron as algas, as cunchas, a area, o lixo que tiramos e que o mar trae de volta para a beira,... Sentiron a brisa do mar. Pisaron a area dura e a area branda, a area húmida e a area seca.
Colleron moitas cunchas e trouxéronas para o colexio para clasificalas e facer traballos con elas. Tamén aprenderon moitas cousas, unha moi importante foi que non debemos tirar lixo.
martes, 23 de abril de 2013
Éxito do rastrillo solidario
O rastrillo solidario realizado o Día do Libro para recadar fondos para a Fundación Fragas do Mandeo foi todo un éxito.
Da venda dos libros recollidos no centro recadáronse 318,50 € e dos libros vendidos pola Fundación pola tarde 93,60 €. En total 412,10 €.
Co recadado a Fundación adquirirá unha finca para custodia do territorio no entorno do río Mandeo. No momento que se proceda á compra daremos máis información dos detalles.
Pica na imaxe para ver o álbum de fotos publicado no xornal La Voz de Galicia.
Da venda dos libros recollidos no centro recadáronse 318,50 € e dos libros vendidos pola Fundación pola tarde 93,60 €. En total 412,10 €.
Co recadado a Fundación adquirirá unha finca para custodia do territorio no entorno do río Mandeo. No momento que se proceda á compra daremos máis información dos detalles.
Pica na imaxe para ver o álbum de fotos publicado no xornal La Voz de Galicia.

lunes, 22 de abril de 2013
22 de abril: Día da Terra
Xogo interactivo de WWF España e da Fundación AXA para concienciar e fomentar un cambio de modelo enerxético que nos permita paliar os efectos do cambio climático.
domingo, 21 de abril de 2013
Día do libro. Rastrillo solidario
O 23 de abril celébrase o Día do Libro e con tal motivo queremos organizar un rastrillo
solidario no Colexio de educación infantil e primaria Sada y sus Contornos.
As actividades que levamos a cabo no colexio dentro
do proxecto “Custodia do territorio e biodiversidade” pódense seguir a través
do blogue: http://voznaturasada.blogspot.com.es/
Para levar a cabo esta actividade solicitamos a
colaboración das familias coa aportación de libros de literatura infantil e
xuvenil e tamén de temática ambiental ou sobre a Natureza.
12,15
a 13,30 horas, para que os alumnos do centro poidan
mercar libros. De 13,30 a
14,00 horas e pola tarde, de 16
a 17 horas, abrirase para as familias e público en
xeral. No horario de tarde estarán tamén no centro representantes da Fundación
Fragas do Mandeo que atenderán aos interesados en colaborar con esta entidade e
informarse sobre as súas actividades.
Programa Voz
Natura: Custodia do territorio e biodiversidade
Neste curso estamos levando a cabo o proxecto
“Custodia do territorio e biodiversidade” dentro do programa Voz Natura da
Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, que nos concedeu unha axuda para
adquisición de materiais e para algunhas das viaxes realizadas. Máis
información: http://www.voznatura.com

Fundación
Fragas do Mandeo
Neste proxecto contamos coa constante colaboración
da Fundación Fragas do Mandeo, (http://www.fragasdomandeo.org/ ) unha
entidade de custodia do territorio que ten como fin
a preservación da biodiversidade na comarca coruñesa de As Mariñas.
Coa adquisición de fincas de interese ambiental mediante compra, doazón ou
legado, e a través de acordos cos propietarios de parcelas, baixo aluguer ou
cesión temporal, busca conserva-los espazos naturais desta comarca.
Dentro deste proxecto temos previsto realizar un
rastrillo solidario con achegas de libros por parte das familias e do centro
para poñelos á venta o día 23 de abril. A recadación da venta dos libros
destinarase á Fundación Fragas do Mandeo para colaborar na adquisión de fincas
para a custodia do territorio.
Colaboración
das familias

Rastrillo
solidario
O
rastrillo estará no ximnasio de viernes, 19 de abril de 2013
Nova pregunta de Dona. Rastrillo solidario e Maki
Esta pregunta podes atopala neste enlace: http://www.fragasdomandeo.org/voz-natura/

¡Ola rapaces!
Xa vexo que moitos de vós queredes volver a facer excursións polas fragas do río Mandeo e percorrer tódolos seus camiños. Se vos dan permiso, eu estarei encantada de guiarvos.
Hoxe teño unha boa noticia e outra mala. Deixarei a mala para o final porque non teño moitas gañas de falar dela.
A boa noticia é que hai quince días mercamos dúas parcelas. Unha delas está na beira do río Mandeo, cerca de Chelo. A outra está no cumio do monte da Espenuca, que é o que lle fai sombra a Chelo, e dende el vese toda a bisbarra.

O voso director díxome que o martes día 23 ides a celebrar o día do libro facendo no colexio un rastrillo onde venderedes libros. E tamén me falou de que cos cartos ides mercar algún monte para que o conserve Fragas do Mandeo. A min paréceme unha idea estupenda. Aínda máis, xa lle teño botado o ollo a varios que me gustan moito. Así que tedes que vender unha morea de libros.
A verdade, eu non entendo porqué vos gustan os libros. Eu non lles vexo nada interesante. Teñen follas, pero non son tan bonitas coma as dos árbores. Todas olen igual, van xuntiñas e teñen a mesma forma. As dos árbores olen a moitas cousas e están tan ceibas que cando hai vento escapan das árbores e van de paseo polo monte.
A min póñenme unha grande debaixo do prato da comida para que aprenda a ler. Pero ten as letras tan pequenas e xuntas que non as podo ulir de unha en unha porque se lles mestura o olor. ¿Como vai unha a aprender así a ler? Se aínda puxeran unha letra en cada folla, podía ir ulindo cada unha e saber o que está escrito. Así que nunca leo cando como.

Chegaran o pé dun vertedoiro de lixo ilegal que había no monte. Mandáronlles quedar sentados a distancia. Lía non entendía o motivo, pero Fusco díxolle que naqueles sitios había cristais rotos e podían corta-los pés, que xa lle pasara a el unha vez. O que os acompañaba acercouse a inspeccionar, pois levaba botas. E alí veu un libro tirado, no medio do lixo, todo mollado e xa medio desfeito. Mirouno ben, abriuno e viu que tiña unhas follas con letras vermellas e outras con letras verdes. De cando en vez algún debuxo. Lía dixo que se puxera triste e non falara nada no camiño de volta. Cando chegaron á casa falou alporizado. “Mira que hai analfa-burros neste país”, dixo enfadado. “A primeira edición en castelán da historia interminable no lixo. ¿E non haberá bibliotecas onde deixalo se non o queres?”. Pregunteille a Lía que quería dicir con todo iso, pero non soubo contestarme.
Eu tampouco o dou entendido. Se o libro contaba unha historia e a historia era interminable, ¿cantas follas tiña o libro? ¿E quen escribiría ese libro? Digo eu que sería un vello moi velliño, porque unha historia tan longa tárdase moito en escribila. ¿E por que tiña unhas follas en vermello e outras en verde? E se era tan importante, ¿non podían recollelo e poñelo a secar?

Lía di que en todos eses libros fálase de nós, de cómo hai que facer para entendernos e ensinarnos cousas. E digo eu, ¿e non sería máis fácil que nos preguntaran o que quixeran saber? ¡Mira que se complica a vida a xente!
En fin, o dito, vós vendede moitos libros. ¡A ver se podemos mercar un monte ben grande!
E agora vai a mal noticia. Xa vos dixen que a Maki gustáballe durmir todo o día e logo andar de varanda pola noite. Pero da última non volveu. Atopárona pola mañanciña na estrada, baixo a choiva. Digo eu que tivo que ser que a cegou un coche e non puido zafarse. Porque a min ben que me esquivaba cando corría tras ela. ¡Quen lle mandaría ir tan lonxe de casa soa! Pero é que sempre foi moi aventureira. Xa de pequena agachaba polas árbores aínda que estiveran as pegas berrándolle ameazadoramente por andar cerca do seu niño. Ou cando subiu ó tellado da casa e andouno todo, sen medo de caer ou que lle viñera unha rapina e a levara. ¡Non se decata unha do que vai estrañar a unha amiga até que a perde!

As miñas preguntas de hoxe son moi sinxelas. Dixéronme que para conseguir cromos para o álbum tiñades que pedir un libro na biblioteca. ¿Cantos libros levades lido neste curso? Porque, ¿non faredes trampas e colleredes os libros para que vos dean os cromos e logo non os ledes? ¿Qué clase de libros vos gustan?
¡Até a próxima!

miércoles, 3 de abril de 2013
Despois da viaxe a Chelo, Dona pregunta de novo.

¡Ola rapaces!
Xa vexo que a última vez que vos escribín estabades tan emocionados coa idea de ir a Chelo para coñecerme e visitar as fragas do Mandeo que nin vos parastes a contestarme. ¿Ou é que non sabiades que animal e dúas veces animal?
Sexa polo que sexa vou contestarvos a adiviña: Pois é Maki Rabuda, porque é gato e máis araña. Cando xoga comigo non ten conta de que ten unhas uñas ben afiadas e moitas veces rabúñame sen querer.



Agora xa sabedes porque non fun capaz de subir polo piñeiro tras do esquío que vimos en Chelo. Se tivera unhas uñas como as de Maki veriades un can escalador en acción.
Pero non vos queixedes. A pesares do barullo que faciades, xa vistes que eu estaba moi atenta a todo. Tiña que andar para arriba e para abaixo mirando que non se perdera ninguén, esquivando os que non deixaban de sobarme. E aínda así puiden sentir e ulir o esquío. A pesares de que estaba ben escondido, souben sacalo do seu agocho para que o virades subir polo piñeiro.

Cando chegamos á casa, atopamos a Maki nada máis entrar. Como anda toda a noite de esmorga, tiña sono e frío, e se puxera a durmir ó sol. ¡Non pega golpe! Así que Lía e máis eu, que estabamos ben cansas por facer toda a mañá de guías, deitámonos tamén a botar unha boa sesta.

Á noite presentámolo noso informe:
- Ninguén se perdeu, a pesares de que erades 60 alumnos que non parabades.
- Identificamos moitas plantas en flor: cáncaros, violetas, anémonas, lúzulas e tres clases de amarelles, incluso un deles ameazado: o Narcissus cyclamineus.
- Tamén identificamos un arbusto en flor, aínda que moitos dinlle árbore: a abeleira.
- Vimos un esquío agachando polas árbores e un pobre teixugo que afogou no río.
- Entre as especies exóticas invasoras, unha árbore, a acacia de madeira negra, e unha planta, a crocosmia.
- E recollemos un montón de lixo.

E agora un par de preguntas moi sinxelas:
¿Qué é o que máis vos gustou da excursión a Chelo?
¿Queredes que vos guíe a algún outro sitio?
¡Até a próxima!

domingo, 31 de marzo de 2013
Rincón Voz Natura: en abril o mosaico rural
Neste mes poderedes coleccionar os cromos correspondente ao último hábitat do álbum: o mosaico rural.
Cada vez que leves un libro poderás elixir un cromo deste hábitat. Animádevos a coleccionalos todos.
Se queres ver os seis cromos do mosaico rural pica na imaxe.
Cada vez que leves un libro poderás elixir un cromo deste hábitat. Animádevos a coleccionalos todos.
Se queres ver os seis cromos do mosaico rural pica na imaxe.
lunes, 18 de marzo de 2013
Voz Natura: visitamos o CEIDA
Hoxe fomos visitar o CEIDA en Santa Cruz (Oleiros). Atópase nun castelo que está nunha pequena illa. No xardín do castelo Rebeca explicounos a diferencia entre especias autóctonas, exóticas e invasoras e o perigo que poden supoñer estas últimas.
Tamén demos un paseo pola illa, vimos a herba de namorar, cun telescopio vimos os cormoranes e... empezou a chover e tivemos que volver ao castelo.
Dentro vimos a exposición "As paisaxes da auga". Rebeca contounos a importancia dos espazos protexidos e o proxecto de crear unha reserva da biosfera na bisbarra das Mariñas.
Despois de comer a merenda, despedímonos e fomos recoller lixo á praia de Santa Cruz. Canto lixo había!. Apañamos o que poidemos ata que tivemos que marchar para o autobús e de volta para o colexio.
Se queres ver as imaxes pica na foto.
sábado, 16 de marzo de 2013
Voz Natura: actuación en Chelo
O venres 15 de marzo estivemos en Chelo. Despois dun tempo de choiva e frío veu un día que nos anticipa a primavera e que nos permitiu disfrutar dunha fermosa paraxe. Tivemos unha unha agradable sorpresa cando nos baixamos do autobús, Luis Otero estaba esperándonos e acompañounos nesta excursión. Soubemos canto lle gusta a Natuerza e como se acorda de nós, e tamén lle dixemos canto nos acordamos del.
Visitamos a aula da Natureza da man de Xoan Faontaíña que nos explicou a importancia dun uso responsable da auga e da importancia de preservar a natureza.
Por fin poidemos coñecer a Dona, a mascota da Fundación Fragas do Mandeo, que viña acopañada por Lía. A verdade é que as dúas estaban moi lucidas e contentas de vernos a tantos nenos e nenas. Non daban feito con tantas atencións. A quen non vimos foi a Maki, pero seguro que andaba agochado por entre as árbores da fraga.
Nun paseo inesquecible con Fernando Bandín aprendimos o importante que é conservar o entorno do Mandeo. A verdade é que non sabiamos cantos pequenos segredos agochan estas fragas. Poidemos ver a flora nemoral que empeza a florecer nestas datas, a importancia de conservar este fráxil ecosistema, o impacto das especies invasoras e a riqueza dun entorno que entre todos debemos conservar e coidar. Á volta deste paseo recollimos o lixo que había na marxe do río para deixar todo máis limpo do que o atopamos. Ademais dos nosos profes, Fernando e Luis, acompañounos e axudounos Fran, un voluntario da Fundación Fragas do Mandeo. Que importante é que haxa persoas que se preocupen de coidar o medio natural!
En Chelo tamén coñecimos a Carlos Serantes, o garda de medio ambiente que nos aconsella en cada un dos hábitats do álbum de cromos que estamos a coleccionar neste curso.
Foi un fermoso paseo no que aprendimos moitas cousas.
sábado, 9 de marzo de 2013
Saída a Chelo
Desde hai tempo temos prevista unha viaxe a Chelo. Queremos facela o mércores 13 de marzo pero dependerá de como veña o tempo, que anda un pouco revolto.
Esta entrada no blogue é para preparar a excursión. Temos imaxes e información desta fermosa paraxe do Mandeo. Estamos moi ilusionados porque é moi probable que nos acompañe Dona, a mascota da Fundación Fragas do Mandeo, xunto con Fernando Bandín, presidente da Fundación, e ao mellor Carlos Serantes, o garda de medio ambiente.
Dona escribeuvos un "post" na web de Fragas de Mandeo que debedes ler con atención.
Visitaremos a Aula da Natureza de Chelo, faremos actividades, pasearemos pola beira do río e recolleremos todo o lixo que atopemos. Poderemos observar a flora nemoral que é un anticipo á primavera que nos avisa do cambio de estación e que enche o solo das nosas fragas de vistosas cores e agradables arrecendos. Neste folleto de Proxecto Ríos podes informarte da flora nemoral.
Pica nos enlaces e atoparás máis información:
Aula da Natureza de Chelo.
Folleto informativo da Aula.
Mapa do itinerario que reallizaremos a pé desde a estrada Nacional VI a Chelo:
Ver Aula da Natureza de Chelo en un mapa más grande
Pica na imaxe para ver fotos do lugar de Chelo:
Esta entrada no blogue é para preparar a excursión. Temos imaxes e información desta fermosa paraxe do Mandeo. Estamos moi ilusionados porque é moi probable que nos acompañe Dona, a mascota da Fundación Fragas do Mandeo, xunto con Fernando Bandín, presidente da Fundación, e ao mellor Carlos Serantes, o garda de medio ambiente.

Visitaremos a Aula da Natureza de Chelo, faremos actividades, pasearemos pola beira do río e recolleremos todo o lixo que atopemos. Poderemos observar a flora nemoral que é un anticipo á primavera que nos avisa do cambio de estación e que enche o solo das nosas fragas de vistosas cores e agradables arrecendos. Neste folleto de Proxecto Ríos podes informarte da flora nemoral.
Pica nos enlaces e atoparás máis información:
Aula da Natureza de Chelo.
Folleto informativo da Aula.
Mapa do itinerario que reallizaremos a pé desde a estrada Nacional VI a Chelo:
Ver Aula da Natureza de Chelo en un mapa más grande
Pica na imaxe para ver fotos do lugar de Chelo:
jueves, 7 de marzo de 2013
Recomendamos un libro: O Carballo.
O carballo é unha árbore emblemática de Galicia.

Alerta dos perigos que o axexan no presente e fai unha chamada para procurar a súa defensa como un piar básico da conservación da natureza.
Finalmente, achegándose ao terreo cultural, explica os usos que as persoas fixeron deles e a importancia que en determinados aspectos tiveron para a evolución de moitos pobos e a súa pegada na cultura popular.

Calros Silvar é integrante da Fundación Fragas do Mandeo e neste curso agasallounos cos magníficos cromos que ilustran o álbum "Custodiamos a biodiversidade da natureza de As Mariñas" dentro do proxecto Voz Natura no que participa o noso centro.
O Carballo é un libro para ver, ler e compartir.
Podedesde velo no ricón de Voz Natura da biblioteca.
Edita Bahía Edicións
miércoles, 6 de marzo de 2013
Nova pregunta de Dona
Esta pregunta podes atopala neste enlace: http://www.fragasdomandeo.org/voz-natura/

¡Ola rapaces!

Así que podemos facer varias cousas:
Ademais imos poñer outro explicando a historia da lagoa. Porque pouca xente sabe que é artificial. Construírona os monxes do mosteiro de Sobrado hai 500 anos. Hoxe parece talmente un lago natural, de tanta vexetación e tantas aves que alí hai.
Eu estiven dirixindo todo o traballo de medición e toma de datos, así que non collín ningunha ferramenta. Non é que sexa unha lacazana. Vou a contarvos unha historia para explicárvolo. Un día, cando soamente tiña 10 meses, caeu unha gran nevarada. Lía non quería xogar porque tiña frío e quedouse todo o día na súa caseta. Como daquela eu aínda non sabía o que quería ser, estaba pensando en facerme carpinteira. Así que collín un taladro no garaxe e fun afora para estudalo. Conseguín sacalo da caixa, pero custoume e quedou rota de todo. Logo púxenme a mirar como funcionaba e, como non o daba entendido, tentei desmontalo. O caso é que cando viron o que estaba a facer me dixeron que non tocara ningunha ferramenta, e que non necesitaba andar co taladro porque eu ía ser un can gardabosques. Así que agora eu soamente me dedico a dirixi-los traballos e nunca toco unha ferramenta. ¡Son a xefa!
A pregunta que vos vou facer desta vez ten que ver cos carteis. Como xa sabedes polo álbum, nos ríos e lagoas hai especies animais invasoras que danan moito o ecosistema. Eu quería poñer no cartel un aviso de que non se debe ceibar na lagoa ningunha especie exótica invasora. ¿Parécevos ben? ¿Qué debuxos de especies animais invasoras hai que poñer no cartel? ¿Qué outras cosas poñeriades?
As preguntas de Dona

¡Ola rapaces!
Desta vez fostes moitos os que vos animastes a contestar. Ninguén acertou cantas bolsas recollemos. Foron unha e media, porque como imos de cando en vez, non se xunta moito lixo.
No resto das preguntas todos estades de acordo. Pero aínda que xa hai leis que prohiben ciscar lixo no monte, tamén é certo que non se pode poñer un policía escondido detrás dunha árbore en cada esquina para vixiar todo o día quen é o que tira lixo e quen non.


- Primeiro, dar exemplo e non tirar nada cando saiamos ó campo.
- Segundo, concienciar ós que van connosco de que tampouco tiren lixo.
- Nas excursións, levar algunhas bolsas grandes e organizarse entre todos para reparti-lo traballo de ir collendo todo o que atopemos polo camiño. Así, tralo noso paso, a ruta quedará máis limpa do que estaba, e volveremos a casa orgullosos de ter feito algo pola natureza.
- Cando vexamos a alguén botar lixo, afearlle a conduta e denuncialo ante as autoridades se non deixa de facelo.
Este sábado volvín á lagoa de Sobrado, aproveitando que facía un día estupendo. Desta vez fomos no coche algo apertados, porque viñeron tamén Lía e tres voluntarios, ademais de que levamos moitas ferramentas.
Imos facer varios amaños no observatorio. Primeiro, temos que reparar as escaleiras, porque algún vándalo rompeunas. Eu podo subir dun chimpo, pero Lía vai un pouco velliña e non é capaz de entrar.
Tamén imos poñer dentro un par de carteis. Antes había un fóra, onde aparecían debuxos de tódalas aves que poden verse na lagoa. Pero alguén escachouno. Así que imos poñer un novo, xa dentro do observatorio. Así, cando unha persoa estea mirando os parrulos e non coñeza algún, pode buscalo no cartel e identificalo.

Outro traballo que temos que facer é modificar unha das fiestras. O que fixo o observatorio non pensou na xente cativa. Tódalas fiestras están demasiado altas para os cativos. Incluso persoas altas non poden usa-los seus telescopios. Así que imos poñer un pouco máis baixa unha das tres fiestras.

Cando estabamos rematando de face-las medicións, chegou un señor coa súa muller e un cativiño. Eu non o coñecía, pero achegueime a el e presentáronmo. Era un experto ornitólogo que viña a ver os parrulos da lagoa. Chámase Antonio Sandoval e escribiu un libro que se titula ¿Para qué sirven las aves?. Se aínda non sabedes para qué serven, cando medredes tedes que lelo. E vos conto todo isto para que vexades que a lagoa de Sobrado é un espazo natural importante.

Até a próxima.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)